Ir ao contido principal
Volver

Rúa Maior 100% Accesible: Polos veciños e polos dereitos de todos

MelloraSarria  •  04/02/2026  •  Sen comentarios
Rúa Maior de Sarria
Rúa Maior de Sarria


Código da proposta: MS-2026-02-2

Proposta para Mellora Sarria: Rúa Maior 100% accesible. Estudar medios mecánicos e melloras básicas para os veciños e quen acceda ao Concello, Xulgado e Servizos Sociais. Asina e comparte.

Descripción: A Rúa Maior é a espina dorsal administrativa e social de Sarria. Nela, ademais de viviren numerosas familias e persoas maiores, atópanse servicios públicos esenciais: o Concello, o Xulgado e os Servizos Sociais.

Con todo, a súa pendente pronunciada e as barreiras arquitectónicas (desniveis, beirarrúas impracticables) converten esta rúa nunha dobre fenda:

  1. Para os veciños e veciñas que viven nela, que deben afrontar a subida e baixada diariamente, vendo limitada a súa autonomía.

  2. Para calquera persoa que deba acceder aos servizos públicos, pois estas barreiras dificultan ou impiden o acceso a institucións que, por lei, deben estar abertas a toda a poboación.

Proposta concreta e integral: Propoñemos que o Concello de Sarria priorice e execute, no marco do Plan Municipal de Accesibilidade 2022-2026, un proxecto integral de remodelación accesible da Rúa Maior. O proxecto debe estudar e valorar todas as solucións técnicas, incluídos medios de elevación mecánica (como ascensores urbanos ou planos inclinados) para salvar os desniveis máis pronunciados, e garantir:

  1. Eliminación de barreiras: Rampas conforme á norma, rebaxe total de beirarrúas e pavimento antideslizante.

  2. Itinerario accesible aos servizos: Percorrido continuo e seguro que conecte os accesos ao Concello, Xulgado e Servizos Sociais.

  3. Zonas de descanso: Bancos a intervalos para permitir pausas.

Unha Rúa Maior accesible é xusta cos veciños, garantiza dereitos fundamentais e cumpre coa lei. Asinemos para que sexa unha realidade prioritária.

A proposta non ten notificacións.
Non hai fitos definidos