Ir ao contido principal

Mellora Sarria é unha plataforma de participación cidadá

Esta guía explica para que serven e como funcionan cada unha das seccións de Mellora Sarria.

Debates

Na sección de debates cidadáns podes expoñer e compartir a túa opinión con outras persoas sobre temas que che preocupan relacionados co municipio. Tamén é un espazo onde xerar ideas que a través das outras secciones de Mellora Sarria leven a actuacións concretas por parte do Concello.

  • Podes abrir debates, comentalos e valoralos cos botóns de estou de acordo ou non estou de acordo. Para iso tes que registrarte en Mellora Sarria.
Botóns para avaliar os debates
Botones "estou de acordo" e "non estou de acordo" para avaliar os debates.

Propostas cidadás

Na sección propostas cidadás podes formular propostas para que o Concello as leve a cabo. As propostas obteñen apoios e se alcanzan abondos sométense a votación cidadá. As propostas aprobadas nestas votacións cidadás son asumidas polo Concello e lévanse a cabo.

Botón para apoiar unha proposta
Botón para apoiar unha proposta.

Orzamentos participativos

A sección de orzamentos participativos serve para que a xente decida de maneira directa a que se destina unha parte do orzamento municipal.

Diferentes fases dun orzamento participativo
Fases de «apoios» e «votación» dos orzamentos participativos.

Votacións

A sección de votacións actívase cada vez que unha proposta acada o 1% dos apoios e pasa á votación ou cando o Concello propón un tema para que a xente decida sobre el.

Procesos

Na sección procesos, a cidadanía participa na redacción e modificación da normativa que afecta á cidade, e pode dar a súa opinión sobre as políticas municipais en debates previos.